O cuarto ciclo de Camiños de Coñecemento e Experiencia oferta en Ribeira catro novos seminarios

12 Marzo 2020

O programa da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Camiños de Coñecemento e Experiencia regresa por cuarto ano consecutivo ao municipio de Ribeira, presentándolle á veciñanza maior de 50 anos unha atractiva oferta formativa, que se suma ao curso de IV Ciclo que está tendo lugar da man da referida institución académica. As encargadas de detallar o contido desta proposta foron a concelleira de Educación, Juana Brión, e a directora do IV Ciclo na USC, Esther Olveira.

Trátase dun programa que se desenvolverá ao longo do mes de abril, englobando catro seminarios das seguintes temáticas: educación nas familias; patrimonio; teatro; e envellecemento saudable. Cada un constará dunha sesión teórica e outra práctica.

Deste xeito, o mércores 1 terá lugar o seminario Que papel poden desempeñar as familias na educación? a cargo de Agustín Godás Otero, da facultade de Psicoloxía (USC). Volverá ao día seguinte cun obradoiro de estilos educativos parentais.

O venres 3 será a quenda de Xosé A. Neira Cruz, da facultade de Ciencias da Comunicación (USC), con Pazos e liñaxes da túa comarca. Unha ollada á fidalguía local e á súa forma de vida, celebrándose o venres 17 a parte práctica coa visita aos pazos da comarca.

Víctor Arce Vazquez, da facultade de Medicina (USC), será o encargado de impartir Que é o envellecemento? o martes 14, que proseguirá o mércores 22 coa súa parte práctica a través dun obradoiro sobre envellecemento a cargo de José Manuel Fernández García, coordinador nacional do Grupo de Traballo de Nutrición de Semergen.

E o eido artístico correrá a cargo de Beatriz Porrúa Refojo, do IV Ciclo (USC), con Teatro. A construcción do personaxe, o mércores 15; tendo continuidade o xoves 16 cun obradoiro de teatro.

O curso concluirá coa tradicional entrega de diplomas en Santiago nunha data aínda por determinar, incluíndo algunha cita cultural.

Tódalas actividades se desenvolverán en horario de 18.30 a 20.00 horas, coas clases teóricas no Centro Cultural Lustres Rivas. A matrícula é gratuíta e as persoas interesadas poden formalizala a partir de mañá no referido espazo, con teléfono de contacto 981835650.

Esther Olveira lembrou que esta iniciativa tivo ao municipio ribeirense como concello piloto no 2017, estendéndose actualmente por máis de quince na provincia da Coruña. Así mesmo, destacou o “grao de participación moi alta desde a primeira edición.”

Pola súa parte, a edil Juana Brión salientou que é “unha moi boa opción para a nosa xente”, animando á veciñanza a participar nesta acción formativa.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.