A natureza captada por Ramón Encisa chega á Casa da Cultura da Pobra

31 Xaneiro 2025

O obxectivo de Ramón Encisa captura a esencia pura da natureza e chega á Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal. A mostra Fotonatureza está integrada por unhas noventa instantáneas, ademais de algún material fotográfico antigo, que se poderán visitar durante todo o mes de febreiro.

Ramón une a súa paixón pola fotografía e a natureza para transmitir a beleza que nos rodea e concienciar, de maneira visual, sobre a importancia de coidar e protexer as nosas contornas. Encisa acadou o terceiro galardón nos concursos fotográficos de micoloxía correspondentes ao 2021 e 2024 impulsados polo Concello da Pobra do Caramiñal con motivo das xornadas micolóxicas.

No acto inaugural que terá lugar no venres, 7 de febreiro, ás 19.00 horas, intervirán o propio fotógrafo e o concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro.

O acceso é libre ata completar a cabida da dita instalación municipal.

Outros artigos

Rematan as obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso, visitaron hoxe a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño para comprobar o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de 1.179.750 euros, IVE incluído, para fornecer ao municipio...

+

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase este venres en Noia

Este venres, o lobo ibérico chega á Casa da Cultura de Noia. O 23 de outubro, ás 20:00 h, a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca. Trátase dunha película incluída na programación contratada pola...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.