AMEGA celebra o Día dos Medios en Galego 2025 con concertos e unha web con 100 medidas a prol do galego

31 Xaneiro 2025

O presidente da Asociación de Medios en Galego (AMEGA), Pablo García Fernández, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentaron en rolda de prensa, este xoves 30 de xaneiro, as diferentes actividades que organizou a entidade para celebrar o Día dos Medios en Galego o vindeiro 7 de febreiro. Lembraron que esta efeméride coincide coa saída da primeira publicación monolingüe en galego, O Tío Marcos d’A Portela, editado por Valentín Lamas Carvajal no ano 1876.

Neste 2025, AMEGA decidiu poñer o foco na función social dos medios de comunicación. De aí o lema A Lingua que nos une. O epígrafe foi explicado deste xeito polo presidente: “Máis alá da nosa labor informativa, somos axentes de cohesión, xeradores de debate, de espazos de liberdade, e fiscalizadores do poder. Somos a garantía de que todas as voces sexan escoitadas, de que todas as inxustizas sexan denunciadas, de que ningún recuncho da nosa terra quede á marxe da información”.

Como principal acto desta celebración, o Playa Club da Coruña acollerá o propio 7 de febreiro desde as 21:30 h un concerto de Leria e A banda da Loba, dous grupos que conxugan os valores e a esencia deste Día dos Medios en Galego 2025. As entradas (7€) están á venda en entradium.com.

O secretario xeral de Política Lingüística destacou que este evento, ademais de xuntar a medios galegos, tamén reúne “outra parte moi importante da comunicación como son os receptores e receptoras”. Valentín García subliñou o feito de que hoxe en día haxa máis de 140 medios que empreguen o galego, “unha cifra que fai anos nos parecería incríbel e que nos obriga aos que temos responsabilidades públicas a seguir apoiando e a traballar na liña de que cada día sexamos máis”.

Pola súa parte, tanto Andrea Porto, de A banda da Loba, como Helena Barreiro e Andrea López, integrantes de Leria, amosáronse moi agradecidas por contar con elas para este concerto.

100 medidas para o galego

O presidente da AMEGA asegurou que o Día dos Medios en Galego é unha xornada que vai moito máis alá dunha simple conmemoración, “é unha reivindicación do papel fundamental que os medios de comunicación teñen no avance da nosa sociedade, no fortalecemento da nosa democracia e como garantes de dereitos e liberdade”. Pablo García incidiu, ademais, no importante labor que fan os medios en galego na preservación e promoción da nosa lingua e cultura.

Por iso outra das iniciativas que pon en marcha este ano AMEGA co motivo da celebración do Día dos Medios en Galego é a elaboración de “100 medidas para mellorar a situación do galego”. A partir do 7 de febreiro estará habilitada a páxina web medidas.gal a través da que se lanzará un convite á cidadanía para achegar as súas contribucións. Esta páxina foi elaborada pola AMEGA en colaboración coa Secretaría Xeral de Lingua. As medidas foron elaboradas a partir de entrevistas con diferentes actores da sociedade civil e a administración pública.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.