Para os rapaces é doado entender o que significa “bloquear”, termo que manexan coa soltura do cotián, pero para os maiores é máis complexo.
Cando apareceu o B.N.G., entre os mozos era habitual o de “Bota bloque!” que se supoñía aviso entre albaneis para subministrar material de construción, para xogar coa semellanza fónica da petición do voto para a nova formación política.
Secular resulta chamar “bloqueo” aos asedios, cercos ou obstrucións, e de que os paises de similar ideoloxía imperante ou identidade xeográfica conformen bloques para confrontar pacíficamente ou polas bravas as súas diferencias cos do signo contrario. Se “bloquear” na actualidade segue a significar cortar o paso no mundo real, tamén é asì na vida virtual na que todos nos mergullamos con ansia, e na que esta correspondencia ás veces resulta potenciada pola tecnoloxía.
Na vida real non se me ocorrería cortarlle o paso a ninguén, asediar ou cercar, mentras que o bloqueo virtual non produce sensación de propasarse cando se trata de chamadas indeseadas, inoportunas e, ás veces, intempestivas.
Levo trinta anos manexando rudimentariamente o móbil, ampliando pouco a pouco o uso das súas capacidades técnicas, e nunca ata agora bloqueara a ninguén. Xa teño o primeiro bloqueado no teléfono e no wassap, e a sensación ao principio foi extraña, pero logo produce a tranquilidade do fío ao fin cortado, de romper cun contacto que se sabe non vai ter nada fructífero. E como a vida diaria proporciona centos de fiestras ás que asomarse e ver o sol ou disfrutar do aire, pechar unha que nunca sabes o que vas ver, se é un mal, é un mal menor.
“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz
“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...



