A Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza convoca unha mobilización este venres 31 ante a sede do SERGAS en Santiago

30 Xaneiro 2025

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza convocou unha nova concentración para reclamar a mellora da atención na nosa comarca, poñendo o foco en casos de urxencia como o do Centro de Saúde de Aguiño. A cita será este venres 31 de xaneiro ás 12.00 horas diante do edificio do SERGAS en Santiago. Dous buses sairán da parroquia de Aguiño en Ribeira para demandar a cobertura do 100% das prazas médicas no Centro de Saúde de Aguiño. Está concentración forma parte das continuas e repetidas mobilizacións que a veciñanza de Aguiño leva realizando dende o 25 de outubro (concentracións diante do centro de saúde semanais, recollida de sinaturas, colocación de pancartas por todo o pobo…), e que o próximo sábado 15 de febreiro convoca unha manifestación na parroquia, baixo o lema Aguiño quere médicas ao 100%.

Como dixemos, a cidadanía de Aguiño leva meses denunciando a “precaria situación que vive a poboación da vila e da súa contorna en materia de atención médica”, coa xubilación e a baixa de longa duración de dous profesionais médicos pendentes de seren cubertas.

Concentración da veciñanza de Aguiño reclamando a incorporación das e dos profesionais que lle corresponden ao Centro de Saúde local

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.