UCIN demanda melloras no servizo de transporte público do Barbanza

30 Xaneiro 2025

A agrupación UCIN (Unión de Cidadáns Independentes) compartiu un comunicado no que demanda “mellorar o servizo de transporte público no Barbanza”. No documento sinalan que “ata o de agora non se fixo nada ante as demandas e necesidades dos usuarios”.

Desde a formación UCIN salientan a necesidade de reforzar as fins de semana, pola intensa demanda existente, dado o elevado número de estudantes que se desprazan a Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo e Pontevedra. “Non podemos esquecernos que Barbanza é a esquecida en conexión ferroviaria”, sinalan, engadindo que “a comunicación entre as cidades galegas, é unha das queixas máis recorrentes dos residentes en Galicia” e que “o número de prazas esgótase axiña, hai conexións directas inexistentes, localidades totalmente abandonadas e, enriba, os horarios de autobús son moi reducidos, sobre todo a fin de semana.

José Luis Calo sinala que “temos que loitar por ofrecer un transporte público adaptado á realidade de Galicia para que os veciños conten cun sistema eficiente e accesíbel, agardemos que a Xunta implemente melloras que respondan as demandas dos usuarios e que fagan do transporte público unha opción máis útil e fiábel”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.