O BNG de Rianxo non apoiará o POS 2025 do Goberno local

29 Xaneiro 2025

O BNG de Rianxo presentou diversas propostas para seren incluídas no Plan de Obras e Servizos (POS) 2025 da Deputación da Coruña, mais lamenta que o goberno local fixese “oídos xordos” a estas iniciativas, que considera fundamentais para o municipio.

Entre as propostas do BNG destacaban:

  • A finalización da obra na clínica vella para habilitar seis locais de ensaio ao servizo das entidades culturais rianxeiras, como a Escola de Música e grupos tradicionais.
  • A mellora do saneamento na Vacariza.
  • O arranxo da fachada do auditorio.
  • A actualización do Cuartel Vello, recuperando un proxecto existente para ampliar e mellorar os Servizos Sociais.

Porén, o goberno local decidiu destinar máis da metade do POS a gasto corrente, algo que o BNG considera consecuencia da “mala planificación” e da “perda de recursos” debido á falta de aproveitamento de subvencións.

Ademais, a formación nacionalista critica que o goberno de ReC, ao que ve cada vez máis próximo ao Partido Popular, non aposte polo diálogo co resto da corporación progresista de Rianxo.

http://www.xunta.es/litoral/web/index.php

Outros artigos

O PIE dos concellos do Sar-Ulla logra unha inserción laboral do 38%

Os alcaldes de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga participaron este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos ditos termos municipais recibiron durante nove meses...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.