Charla vía streaming desde o Concello de Boiro sobre medidas de prevención fronte ao coronavirus

12 Marzo 2020

Persoal do SERGAS impartirá este venres 13 unha conferencia vía streaming desde o salón de plenos da Casa Consistorial de Boiro para informar sobre as medidas de prevención fronte ao coronavirus, a cargo da doutora María Dolores Faraldo Botana.

Dadas as circunstancias e para evitar a aglomeración de xente, a charla será pechada, podendo asistir un representante de cada unha das entidades convidadas: centros de ensino, clubs deportivos, entidades culturais, asociacións e responsables de persoal de empresas e agrupacións ligadas aos sectores produtivos. O resto de persoas interesadas poderán efectuar o visionado en directo, a partir das 10.00 horas, a través da canle de YouTube do Concello de Boiro.

Esta iniciativa vén despois de que o Concello se puxese en contacto co Servizo Galego de Saúde para pedir información sobre o COVID-19 e o protocolo a seguir para previr contaxios. Neste senso, coa intención de que a información chegue a toda a poboación, decidiuse solicitarlle á Xunta unha conferencia a este respecto.

Así mesmo, repartiranse xeles desinfectantes entre tódolos centros educativos do municipio. Esta acción, ademais de carteis informativos, tamén se estende a tódolos Departamentos do Consistorio, especialmente aqueles que teñan unha atención directa coas persoas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.