Boiro destinará ao gasto corrente 1.065.476,64 euros do POS+ 2025 da Deputación

29 Xaneiro 2025

O pleno do Concello de Boiro aprobou na sesión celebrada este martes a participación no POS+ 2025 da Deputación da Coruña. A cantidade asignada ao Concello de Boiro é de 1.065.476,64 euros, que se van destinar na súa totalidade ao financiamento do gasto corrente.

O Goberno local explico que a principal novidade incorporada ás bases deste Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal para o ano 2025 é que os concellos teñen a posibilidade de destinar o importe total ao financiamento de gastos correntes. “Decidimos apostar por esta fórmula de xeito que logo, con fondos propios, poidamos acometer outras obras sen ter que contar cos prazos e requisitos fixados pola Deputación”, afirmou o tenente de alcalde, Luís Ruiz.

As bases indican tamén que se deberá chegar unha solicitude vinculada ao Plan Complementario e que esta deberá acadar como mínimo o 25% da achega provincial de 2025. O Concello de Boiro incluíu para este Plan Complementario 2025 a Rede de saneamento e EDAR en Cures, unha actuación dun importe de 665.208,29 euros.

Cures non conta cunha rede integral de saneamento e con esta solución preténdese dotar deste servizo os lugares de Cures, Carboeiro, Amean e Aldea Grande. Proponse a instalación dunha planta de tratamento autónoma que minora de forma importante os custes de mantemento e consumo en comparación co envío da augas residuais ata a estación depuradora de Cabo de Cruz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.