“Noia, Portus Apostoli: o camiño cara ao futuro”. Carlos Moledo

28 Xaneiro 2025

Hai un dito galego que di: “Pouquiño a pouquiño. Andando faise camiño.” E se de camiños
falamos, Noia está comezando a reandar o seu cun paso firme e determinado. O Portus Apostoli,
esa xoia do noso patrimonio, é moito máis ca un itinerario xacobeo: é unha oportunidade única
para que a vila recupere o protagonismo que sempre mereceu.
Nos últimos anos, Noia comezou a dar sinais de que algo está cambiando. A promoción turística
da Ría da Estrela é un exemplo claro diso. Esta iniciativa comarcal puxo en valor a riqueza natural
e cultural da nosa ría, un dos segredos mellor gardados da nosa comunidade. Grazas a isto, moita
xente comezou a descubrir que en Noia e na súa contorna hai algo máis que paisaxes fermosas:
hai unha historia que contar e unha experiencia que vivir.
E falando de historias, poucas son tan suxestivas como a do Portus Apostoli. Que mellor maneira
de atraer visitantes que ofrecerlles un camiño cheo de simbolismo, que arrinca das nosas augas e
os leva ata Santiago? E para reforzar esta idea, sempre recordamos o noso pasado como “Porto
de Compostela”, circunstancia que lle da unha conexión única a nosa vila co Camiño e, por riba,
ofrece unha narrativa que moitos outros itinerarios non poden ofrecer. Que mellor punto de partida
que unha vila cunha catedral de pedra como Santa Maria a Nova, onde repousan historias de
mareantes e canteiros nas súas laudas gremiais? Ou o casco vello, con rúas estreitas -reflexo da
arquitectura mariñeira- que convidan a perderse da man de amigos e coñecidos.
Un dos acertos máis recentes do Concello foi a colocación das tradicionais vieiras de peregrino
nas losas de pedra das antigas rúas de Noia, un detalle que mestura funcionalidade e simbolismo
e que non só serven para guiar aos peregrinos no seu camiño cara Santiago, senón que tamén
representan unha conexión co noso pasado medieval e a importancia histórica de Noia como
Portus Apostoli. Este feito, é un claro exemplo de como pequenas accións poden ter un gran
impacto, reforzando a identidade local e potenciando o atractivo turístico da nosa vila.
Agora ben, hai que asumir que non todo son méritos ou recoñecementos. Hai quen aproveita
calquera cousa, incluído un artigo no recoñecido medio El Español, para facer ruído en vez de
construír. Porque claro, cando un titular di as verdades (que Noia é un destino marabilloso e con
moito futuro), sempre aparece quen prefire mirar a letra pequena para mais que criticar:
esbardallar. Pero que fariamos sen esta sobrevalorada parte da oposición? Darlle algo de humor ó
asunto, ao fin e ao cabo, tamén é importante.
O que paga a pena é o traballo, o esforzo conxunto e a capacidade de soñar en grande.
Circunstancias que nos abocan a asumir novos retos, onde vexo de obligada mención a aposta
por un plantexamento urbanístico que faga de Noia unha vila máis amable, cun casco histórico
ben conservado e accesible, e cun equilibrio entre o pasado que nos define e as necesidades do
presente. Crear un entorno atractivo non só para que os que nos visitan, senón tamén para quen
vivimos aquí, será clave para este camiño cara o futuro.
Agora só falta que a nosa vila non perda o impulso. Porque en Noia temos todo o que fai falta falta
para triunfar, pero ás veces penso que nos custa crer nelo. O Portus Apostoli non é só unha
oportunidade para atraer visitantes, senón tamén para que nós, os noieses, redescubramos o
orgullo polo noso. E que mellor xeito de demostralo que seguir avanzando xuntos, deixando atrás
as queixas baleiras e apostando por un futuro no que Noia sexa un punto de referencia.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.