MJ Pérez inicia a súa xira de concertos na Pousada de Boiro

28 Xaneiro 2025

A cantante galega MJ Pérez anunciou que vai iniciar a súa xira de concertos do 2025 na Pousada da Galiza Imaxinaria, en Boiro, será o domingo 2 de febreiro, con apertura de portas ás 18.30 horas. Será concerto especial por ser o primeiro deste novo ano, mais tamén especial por ser a primeira vez que a cantautora actúa na sala que rexenta Suso Santamaría, referente galego e estatal no panorama de escenarios musicais.

Con máis de 10 anos de carreira ás costas, MJ fixo saber que na Pousada achegará un repaso do máis representativo da súa carreira, mais no que tamén tocará en primicia algún tema de adianto do seu novo álbum, previsto para finais deste ano, mais do que irá publicando adiantos ao longo dos próximos meses. 

MJ Pérez, nada en Arzúa, é unha das voces presente no panorama actual da música galega. Inicia o seu percorrido no 2013 e acumula máis de 200 concertos por Galiza e Portugal. Suma xa 4 álbums e diversos singles e colaboracións con outros artistas. 

Ao longo de todos estes anos, MJ Pérez emprende un camiño de constancia e moita música que logo lle trouxo froitos e recoñecementos coma un 2º posto nos Premios Narf 2018 ou un 1º posto no Xuventude Crea 2019. Ademais de ser finalista dos Premios Opinión e dos Premios Martín Códex da Música, estes últimos ata en 3 ocasións, levando o premio no 2021 na categoría de Canción de Autor. 

O ano pasado fixo unha xira especial para celebrar os seus 10 anos de carreira e este ano prepara novo disco, que virá cargado de diversas colaboracións e no que Portugal terá maior presenza.

Neste directo MJ Pérez fará un repaso polos seus temas destacados e interpretará ao vivo algún adianto do que virá. 

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.