O martes 28, Santo Tomás de Aquino, continuará marcado pola inestabilidade atmosférica debido á presenza de aire frío. O ceo presentarase parcialmente nubrado, con chuvascos que serán máis probables durante as horas da mañá. Estes chuvascos poderán ir acompañados de trebóns de xeito localizado, especialmente nas zonas máis expostas.
A cota de neve situarase inicialmente nos 800 metros, mais subirá ata os 1.000 metros ao longo da tarde. En canto ás temperaturas, as mínimas manteranse sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán un descenso lixeiro a moderado en comparación co día anterior.
O vento será un dos protagonistas da xornada, soprando con intensidade do noroeste no litoral norte. Co paso das horas, o vento moderado do oeste irá gañando presenza. Non obstante, pola noite, esperase un incremento da intensidade do vento, que virá do suroeste coa chegada dunha nova fronte atmosférica na madrugada do mércores 29.
Recoméndase precaución, especialmente nas zonas costeiras e de montaña, onde as condicións meteorolóxicas poderán ser máis adversas. Aconséllase estar atento ás actualizacións meteorolóxicas ante posibles cambios nas previsións.
O mércores unha nova borrasca estará situada ao sur de Irlanda traerá novas choivas e ventos fortes.

O noso mar: Vento do noroeste á mañá, do oeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 5 a 6 á mañá, 4 a 6 á tarde e 6 a 7 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e media vaga á noite. Visibilidade regular á mañá, boa á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 5 a 6 metros á mañá, 4.5 a 5.5 metros á tarde e 4.5 a 5 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove


