O Concello de Dodro informou do comezo inminente dos traballos para mellorar e pavimentar dous camiños incluídos no Plan de Obras e Servizos, POS, da Deputación da Coruña. O primeiro deles ten asignado un investimento de 41.849,06 € e corresponde á pavimentación do camiño da Marquesiña a Dodriño e Dodriño a Vigo. En este caso foi preciso acadar o permiso do servizo de urbanismo e costas da Xunta de Galicia, segundo confirmaron fontes do Consistorio, engadindo que a segunda obra está situada en Lestrobe e trátase do formigonado do camiño da Fonte de Santa María ao Santiaguiño, cun investimento previsto de 53.135,94 €. En este caso cóntase coa autorización do Departamento de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia. Esta obra inclúe ademais a pavimentación dun camiño na Banda, en Tarrío.
Ambas as dúas obras serán executada pola empresa Santiños, S.L.




