Unha exposición colectiva con pinturas e fotografías de dez artistas desembarca no Consistorio ribeirense

11 Marzo 2020

Desde hoxe e ata o 30 de abril, as paredes da ribeirense Casa do Concello amosan unha exposición colectiva integrada por unhas corenta obras de dez artistas: en pintura, Beatriz Martínez del Campo Ricoy, Antonio Pérez, Santarelli, Hugo Mario Pereira Bengua, Maralla e Novais; e en fotografía, Manuel Paz, Óscar García, María Porto e Olegario Sampedro.

Organizada por O Faiado Tenda-Galería, a apertura da mostra contou coa asistencia da tenente de alcalde e concelleira de Cultura, María Sampedro; ademais de parte dos artistas participantes e representantes doutros membros da corporación municipal.

María Sampedro expresou o seu agradecemento a O Faiado pola súa “excelente predisposición” á hora de organizar unha mostra que, en principio, non estaba prevista nestas datas, pois no calendario de eventos de marzo figuraba a doutro autor que, por motivos de saúde, non resultou posible ofrecer. Así mesmo, resaltou a alta presenza de artistas locais e convidou a toda veciñanza a achegarse para contemplar as creacións.

No nome do colectivo expositor, interveu o pintor ribeirense Antonio Pérez, quen subliñou que para eles é “un luxo” ter a oportunidade de amosar a súa obra na Casa do Concello, xa que, deste xeito, chegan a todo tipo de xente, incluíndo a aquelas persoas que non están habituadas a visitar exposicións.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.