Alumnado do ribeirense IES Número 1 e a conselleira de Medio Ambiente debateron sobre os efectos do cambio climático

11 Marzo 2020

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, invitou á mocidade galega a implicarse na posta en marcha das medidas que son a resposta en clave galega á loita contra o cambio climático. Así llo trasladou a un grupo de estudantes de segundo da ESO do IES Número 1 de Ribeira cos que debateu sobre os efectos deste fenómeno de carácter global.

A conselleira manifestou que Galicia sitúase hoxe á vangarda, pois xa conta con dúas ferramentas, como son a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía e Estratexia de Economía Circular, nas que se establecen medidas e accións para cambiar as persoas, e non o clima. Argumentou que é preciso camiñar cara a chamada neutralidade climática, reducindo as emisións de gases efecto invernadoiro, a través dun modelo baseado nas enerxías limpas, na mellora da eficiencia enerxética e en sistemas produtivos máis responsables, é dicir, cara a economía circular.

Ademais, apuntou que a mocidade galega é un factor clave na dimensión social que a mitigación contra o cambio climático esixe á sociedade; pero que tamén implica ao conxunto da sociedade de xeito transversal á hora de conseguir que o futuro pase por un planeta máis neutro.

Ángeles Vázquez engadiu que Galicia ten varios aliados, ademais da mocidade, como é o sector primario, representa o 50% de toda a madeira que se produce en España e é unha das principais rexións pesqueiras de Europa, con 4.400 buques; e o seu patrimonio natural, cuxo valor cualificou como incalculable.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.