Domingo 26, alerta vermella na provincia e litoral

25 Xaneiro 2025

Desde a madrugada estará activa a alerta laranxa en toda a costa galega por temporal costeiro, así como en zonas da Coruña e na Mariña lucense por ventos de 100 quilómetros por hora e en áreas da Coruña, Ourense e Pontevedra por fortes chuvias 

Suspéndese a actividade deportiva federada e do programa Xogade en 15 concellos da Mariña lucense, en 60 municipios da Coruña, 33 de Pontevedra e 19 de Ourense, ademais de cancelarse a actividade deportiva federada no mar en toda Galicia

Activada a alerta vermella por temporal costeiro na madrugada do domingo  no litoral da Coruña, mentres que mañá estarán activas ademais a alerta laranxa por fenómenos adversos costeiros no resto da costa galega, así como por vento na Coruña e na Mariña lucense e por fortes chuvias en zonas da Coruña, Ourense e Pontevedra.

Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a  Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, informou da situación a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), a alerta vermella activarase na madrugada do domingo ao luns e afectará ao noroeste e oeste da Coruña por ventos do sur-suroeste forza 8 arreciando a forza 9 e mar combinada do oeste-noroeste con ondas de ata 10 metros. A primeiras horas desta madrugada xa comezará a alerta laranxa en toda a costa galega: nos litorais da Coruña e Pontevedra agárdanse ventos do sur-suroeste de forza 8 e ocasionalmente forza 9 con mar combinada do oeste-noroeste con ondas de ata oito metros, mentres que na Mariña lucense desde a media tarde de mañá o vento será de oeste a suroeste forza 8 e mar combinada do oeste-noroeste con ondas de ata sete metros.

Por outra parte, na Mariña lucense e no noroeste da Coruña actívase desde esta madrugada a alerta laranxa por rachas de ventos de 100 quilómetros por hora de sur-suroeste. O nivel de aviso tamén será laranxa desde últimas horas desta madrugada no interior da Coruña, no noroeste e sur de Ourense e no interior e na zona do Miño de Pontevedra por precipitacións acumuladas de 80 milímetros en 12 horas que poden acadar os 100 litros en 24 horas.

Debido ás últimas actualizacións dos partes meteorolóxicos dos distintos organismos predictores, a Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes informou da suspensión durante toda a xornada de mañá da actividade deportiva federada e do programa Xogade no exterior de 15 concellos da Mariña lucense e en 38 do noroeste da Coruña pola alerta laranxa por vento. Tamén se suspende mañá durante toda a tarde en 33 concellos do litoral de Pontevedra; 22 concellos do  oeste e suroeste da provincia da Coruña; así como 19 concellos da montaña de Ourense. Ademais, polo fenómeno adverso por temporal costeiro cancélase en toda Galicia a actividade deportiva federada no mar. Os concellos afectados poden consultarse no mapa de zonas climáticas de MeteoGalicia.

A Xunta lembra a necesidade de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.

Ademais, sinálase a importancia de retirar os obxectos que poidan caer á rúa desde os tellados, balcóns e fiestras, e evitar pasar preto de edificios en ruínas ou en construción, de árbores, de paneis publicitarios e de obxectos susceptibles de desprazarse con vento.

Ante as fortes chuvias recoméndase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse e non aparcar nas ribeiras dos ríos.

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.axega112.gal), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.