O PP de Ribeira pide ao Concello que aclare o estado no que se atopa o proxecto para construír unha antena de telefonía móbil na Lomba, en Palmeira.

25 Xaneiro 2025

O Partido Popular de Ribeira, a través do concelleiro Manuel Emilio Pérez Outeiral, presentou unha nova pregunta para ser debatida en pleno relativo á posíbel instalación dunha antena de telefonía móbil no barrio da Lomba, en Palmeira: unha antena de 42 metros de altura que terá o seu emprazamento próximo ás vivendas e cuxa instalación foi cautelarmente suspendida polo Concello.

Os populares sinalan que a pregunta ten a súa orixe na preocupación veciñal: “A xente de Palmeira segue preocupada ante a falta de transparencia e información aportada polo equipo de Goberno local”. Na proposta, o PP pregúntalle ao Executivo de Ribeira en que situación se atopa a pretensión da instalación da antena de telefonía no lugar da lomba en Palmeira.

Reunión recente do equipo de Goberno coa veciñanza para informala das medidas a tomar con respecto á antena

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.