Ao descubrir que “o xene é a secuencia de ADN que constitúe a unidade funcional para a
transmisión das características hereditarias”, o amigo xa morre tranquilo. El vaise, pero sabe
que os cromosomas transportan e transmiten a súa información xenética, aos fillos e dos
fillos aos netos, se os hai; aos bisnetos e aos vindeiros todos, poida que ata a eternidade.
A ciencia é quen explica a vida eterna, segundo este home que naceu cerca de Lobeira e que
viaxou polas serras e os vales de Galicia, parándose detidamente nas alturas, baixo do sol
raiólante, na compaña do aire seco e moitas veces frío, como se golpeara xeado. É a ciencia
e os científicos, que nesta soidade aterradora lle entusiasma. É a realidade mesma que se
pon no seu punto de mira agora, cando pasou a mocidade, cando cree que “algo hai despois
do que somos”.
Agora, cando quere recuperar o tempo perdido, á soidade agárraa coas dúas mans, como se
fose unha arma de guerra, e loita con ela, déitase con ela e con ela esperta cada mañá. A
outras persoas pásalles o mesmo, queren ser e decátanse, de contado, que non son. Por ser,
prezados lectores, non somos ninguén. E “os ninguén, di o amigo, tampouco son
obedientes”. Ou si? Quen sabe?!
De ciencia, os ninguén saben pouco e poucos dos que non son ninguén puideron aprender.
Os que estudaron, leron e aprenderon saben moito e moito lles queda por saber. Se alguén
pretende acadar a vida eterna, como o amigo de cerca de Lobeira, deixar pasar o tempo e
non ter fin, élle mellor cultivar a fe (se é necesario afiliarse a algunha relixión) e avivar a súa
crenza en que Deus existe. Con esas actitudes, calquera, por egoísta que sexa, pode morrer
tranquilo.
E despois que? Despois Deus dirá! Explícano os teólogos, eses homes que, baseándose nos
textos sagrados e na tradición, estudan as relixións e ocúpanse dos asuntos divinos. A Tía
Manuela entende que “é primordial fiarse da ciencia, de quen estuda, de quen sabe e de
quen aprende”.
Niso estamos, con dúbidas diante do futuro e con moitas dúbidas diante do presente, sen
saber que será de nós. O amigo deixou de fumar cando era vello, fuxiu da melancolía ao
mesmo tempo, foise para ningures e alí está agardando que cante o merlo. Xa ten herdeiro,
logo, pode morrer tranquilo. Cando sexa o caso, seguirá na memoria.
“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz
“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...



