“Váise un Super no martes e queda para sempre un Piñeiro na TVG”. Antón Luaces

22 Xaneiro 2025

Se houbo ata hoxe un home recoñecido na televisión galega como un dos máis populares presentadores de programas (xunto con X.R. Gayoso), este foi Xosè Manuel Piñeiro, profesional cun gran carisma primeiro na radio e posteriormente na tele, que aportou ao audiovisual un modo de facer que o identificaba e que non todo o mundo acada porque, sen dúbida, marcaba co seu carimbo persoal cada un dos produtos que ofrecía ao público.

Piñeiro foi o pai e a nai do programa “Supermartes”, polo que os espectadores da TVG

 o rebautizaron “Superpiñeiro”, sobrenome que revalorizou o ser específico do presentador que, no ano 2020, recibía da Xunta de Galicia a Medalla Castelao.

O emblemático presentador alaricano faleceu o mércores e hoxe pola tarde celebrarase na igrexa de Santiago da súa vila natal un funeral polo seu eterno descanso,  previo á incineración que se realizará na intimidade familiar. Ata na esquela, ao parecer por el redactada, Superpiñeiro deixou a marca indeleble da súa personalidade. Un mielanoma que padecía dende 2018 foi o causante da súa morte aos 68 anos.

De Piñeiro pode dicirse que tiña un estilo propio que marcou un xeito de entreter á audiencia e que, en boa medida, cadraba cos gustos maioritarios da audiencia da televisión pública galega durante os anos que exerceu coma presentador e que, a posteriori, outros presentadores noutros medios adoptaron coma de seu.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.