Stop Deshaucios Barbanza mostra a súa preocupación por unha familia de Ribeira cuxa vivenda podería caer en mans dun fondo voitre

22 Xaneiro 2025

A plataforma Stop Deshaucios Barbanza que coordina o noso compañeiro José Manuel Pena vén de compartir información sobre a preocupante e delicada situación pola que está a pasar un fogar de Ribeira que corre risco de quedar na rúa sen alternativa habitacional. Trátase dunha familia que vive de alugueiro desde hai máis de seis anos na avenida do Malecón. Segundo informou a plataforma, o propietario da vivenda está inmerso nunha execución hipotecaria que se segue perante o Xulgado Número 3 de Ribeira e que xa sinalou a poxa pública do inmóbel para principios deste próximo mes de febreiro. Poxa que recaerá, con moita probabilidade, a favor do fondo voitre Prosil Acquisition, S.A..

Ante esta situación a familia arrendataria solicitou o dereito á Asistencia Xurídica Gratuíta para poder defender o seu arrendamento e así poder seguir vivindo no piso, unha vez que varios membros da unidade familiar padecen unha diversidade funcional.

Stop Deshaucios confirmou que a familia atópase ao día nos pagos mensuais e confían en que o gran tenedor respecte e manteña en vigor o contrato de arrendamento subscribido co anterior propietario, para que continúen na vivenda.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.