San Vicente de Cespón celebra as festas do seu patrón

20 Xaneiro 2025

A parroquia boirense de San Vicente de Cespón celebra esta semana as festas na honra do seu patrón. Será unha festa en dúas quendas: por unha banda a vertente relixiosa que se concentra este mércores 22 e pola outra a troula nocturna do sábado 25 de xaneiro (a partir das 21.45 horas) no campo de San Roque.

A axenda do mércores inclúe alboradas con música tradicional galega e misa cantada (bombas a partir das 10.00 e ruada con Os Pequenos do Barbanza; e misa cantada a partir das 12.00 con procesión ata a capela de San Roque acompañada novamente por Os Pequenos do Babanza).

A axenda do sábado inclúe unha verbena co Trío Arena (ás 21.45) e co Fania Blanco Show (a partir das 23.00 horas).

Outros artigos

Ribeira iza a súa quinta Bandeira Verde

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto ao concelleiro de Medio Ambiente, Víctor Reiriz, izaron hoxe no paseo marítimo de Coroso a quinta Bandeira Verde de Galicia que recibe o municipio por quinto ano consecutivo. Esta distinción fundaméntase nun total de 11...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.