O Museo de Pontevedra alberga a colección máis ampla sobre Castelao

20 Xaneiro 2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o vicepresidente Rafa Domínguez lanzaron estes días un convite á cidadanía para visitar o Museo de Pontevedra e descubrir, con motivo da conmemoración do Ano Castelao, a que sería, nas súas palabras, “a colección máis ampla que existe sobre a obra do galeguista rianxeiro”. Lembraron que a institución provincial alberga unha colección de 1.834 pezas relacionadas coa vida e obra do intelectual, moitas delas están expostas en dúas salas do edificio do Museo de Pontevedra que leva o seu nome.

Explicaron que os fondos do Museo de Pontevedra contan “coa maior parte da obra producida por Castelao, incluídos numerosas obras orixinais asinadas polo galeguista” e sinalaron que “todas as persoas que visiten a exposición poderán descubrir pezas de especial interese como as súas obras iniciais, datadas na primeira década do século pasado antes da súa chegada a Pontevedra, as súas coñecidas estampas, así como os orixinais dos albumes NÓS ou a súa produción no exilio”.

Cada martes ás 18 horas, o Museo de Pontevedra organiza visitas guiadas gratuítas, con inscrición previa na páxina web do Museo, á exposición dedicada ao intelectual galeguista con motivo da conmemoración do Ano Castelao. Un percorrido que xa realizou o presidente Luis López, acompañado polo vicepresidente e responsable do Museo de Pontevedra, Rafa Domínguez, guiados pola directora do Museo, Ángeles Tilve.

“O Museo de Pontevedra garda numerosos e valiosos tesouros, un dos máis interesantes é o relacionado con Castelao e paga a pena descubrilo”, sinala o dirixente provincial para convidar a toda a veciñanza a visitar a exposición.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.