Rianxo en Común propón reclamar con urxencia a Portos de Galicia o arranxo dos pantaláns

10 Marzo 2020

A agrupación Rianxo en Común que coordina Julián Bustelo vén de presentar unha moción para ser debatida en pleno e que ten relación directa co estado no que se atopan determinadas zonas das instalacións do porto de Rianxo, unhas infraestruturas que, en palabras do grupo, levan moito tempo “presentando un estado perigoso para a integridade dos traballadores e das traballadoras que a diario teñen que facer uso delas”.

A plataforma político-cidadá pon o foco no desgaste dos listóns de madeira dos pantaláns, especialmente nun deles, onde hai varias táboas rotas dende hai unhas semanas. Esta rotura e o furado resultante, lembra a agrupación, foi o que ocasionou un accidente a unha traballadora do porto o pasado 5 de marzo.

Rianxo en Común fai saber no seu escrito que “este accidente podía terse evitando, xa que con antelación aos feitos se lle notificara a Portos de Galicia o mal estado do peirao flotante e a existencia do dito buraco”. Porén, o colectivo recorda que a resposta de Portos “foi a mesma que tantas outras nos últimos anos se recibiron ás peticións emitidas pola Confraría de Pescadores de Rianxo: mirar para outro lado malia que forma parte das súas funcións a xestión deste tipo de instalacións, tal e como está recollido no artigo 9 da Lei 6/2017, do 12 decembro”.

Por todo o devandito, Rianxo en Común solicita o seguinte: instar a Portos a que cumpra coas demandas formuladas dende a Confraría de pescadores e que realice as actuacións precisas para garantir que os traballadores desenvolvan o seu labor en condicións de seguridade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.