A exposición “Os homes, por Castelao” achega a Rianxo o perfil satírico do autor

18 Xaneiro 2025
Foto remitida Museo do Gravado

A faciana máis satírica, irónica e crítica de Castelao toma protagonismo na exposición “Os homes, por Castelao”, que permanecerá aberta ao público no auditorio de Rianxo ata o vindeiro 8 de febreiro. A mostra permite unha aproximación ao legado social e artístico do rianxeiro a través de preto de 70 pranchas de cinc orixinais, empregadas para imprimir os debuxos que Castelao publicou no xornal Galicia de Vigo en 1925, onde retratou a figura humana cunha fonda carga de denuncia social.

A chegada desta exposición á vila natal do autor foi posible grazas á colaboración entre o Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital e a xenerosidade do coleccionista Roberto Taboada, propietario das obras exhibidas. Durante o acto inaugural, celebrado na noite do venres, tanto o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, como o director do museo, Xoán Pastor Rodríguez, expresaron o seu agradecemento a Taboada por facilitar a celebración desta mostra.

A exposición ofrece unha oportunidade única para mergullarse na obra dun Castelao que, coa súa inxente creatividade, utilizou o humor e a sátira como ferramentas de análise e denuncia social, reflectindo as múltiples arestas dun dos grandes referentes da cultura galega.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...