Noia acolle este venres unha xornada do programa Ideas Transformadoras do GALP Costa Sostíbel

17 Xaneiro 2025

Ao abeiro do programa Ideas Transformadoras do GALP Costa Sostíbel este venres 17 de xaneiro celebrarase en Noia, no antigo Casino, unha xornada de traballo sobre innovación, sustentabilidade e competitividade pesqueira e marisqueira, organizada polo GALP de Fisterra e a ría de Muros-Noia e máis a xunta. No seu transcurso mostraranse as apostas que realizaron os promotores da nosa zona para desenvolver o territorio Costa Sostíbel. Será, en palabras da organización, “unha xornada para servir inspiración a outras empresas, institucións ou particulares para seguir avanzando cara o Horizonte 2027”.

O programa de actividades dará comezo ás 19.00 coa apertura das xornadas a cargo de Mariano Lago, presidente do GALP, e proseguirá coa proxección dun vídeo sobre o proxecto Ideas Transformadoras e un coloquio no que participarán os responsábeis do Restaurante O Salgadoiro, RBS Craft Fabricación de Embarcacións de Reciclaxe, Algamasa e Cabanas de Quilmas. Logo virá a entrega de distincións pola contribución á aplicación ELDP do GALP, seguida da presentación do jingle oficial do grupo de acción, da clausura da xornada (por parte do conselleiro do Mar) e dunha degustación de produtos mariñeiros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.