Oitenta persoas participaron nun roteiro valleinclaniano en Compostela

10 Marzo 2020
Cedida por Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal

Baixo o título Santiago de Compostela: Rosa mística de pedra, a capital galega foi escenario o xoves 5 dunha ruta literaria de Ramón del Valle-Inclán. Trátase dunha iniciativa promovida polo Museo Valle-Inclán, o Ateneo de Santiago e a A. C. Amigos de Valle-Inclán, sumándose nesta ocasión a Fundación Eugenio Granell e a Asociación Cultural San Martín Pinario.

A cita contou coa participación dun grupo de 80 persoas, guiándose polos comentarios de Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal; Pilar Sampedro, do Ateneo; e Xaquín del Valle-Inclán Alsina, presidente da A. C. Amigos de Valle-Inclán; e animáronse a ler a escolma de textos do escritor inspirados nos espazos urbanos, monumentos e tipos humanos característicos da cidade.

Cedida por Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal

As persoas asistentes recibiron como obsequio unha publicación deste roteiro, en versións galega e castelá, edición de Incolsa-Turismo de Santiago, que reproduce cartografía, citas literarias e imaxes do intelectual en Compostela.

Outros artigos

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.