Barbanza Arousa participará en FITUR coa presentación da campaña “Siempre querremos volver”

17 Xaneiro 2025

A Mancomunidade Barbanza Arousa participará na próxima edición de FITUR 2025 (do 22 ao 26 de xaneiro), o evento máis importante do sector turístico de cantos se celebran en España, cunha presentación no stand de Turismo de Galicia o xoves día 23 ás 18:00 horas.

Acompañando cun audiovisual, a Mancomunidade formada polos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo realizará unha presentación que versará sobre dous valores fundamentais do destino: a fidelización do visitante e a oferta de desconexión da rutina os 365 días do ano.

A campaña Barbanza Arousa, siempre querremos volver será o miolo da presentación, unha iniciativa que “pretende convidar ao visitante a descubrir o territorio de vagar, empapándose das pequenas cousas que, ao final, son as máis importantes”.

O audiovisual que presentará Barbanza Arousa é un extracto dunha curtametraxe, Siempre querremos volver, que será estreada a posteriori. Segundo avanzan os concellos, “esta produción audiovisual vén dar apoio á personalidade do propio destino que recolle todas as características necesarias para ofrecer unha desconexión da rutina tan necesaria nos nosos tempos”. Preséntase polo tanto Barbanza Arousa como un destino “no que a paisaxe, a tranquilidade, a historia do territorio e as posibilidades que ofrece poden ser desfrutadas en calquera momento do ano”.

Así mesmo, nesta nova edición de FITUR, a Mancomunidade Barbanza Arousa, como primeiro destino supramunicipal de Galicia en obter este recoñecemento, recollerá o distintivo de Destino Turístico Intelixente outorgado por SEGITTUR nun acto que previsto para o xoves 23 ás 16:45h no auditorio de FITUR Know-How & Export.

A axenda de participación na feira completarase con reunións de traballo con touroperadores e axentes dixitalizadores para coñecer de primeira man as novidades do sector. A nivel promocional, un ano máis, a presenza da mancomunidade en FITUR refórzase coa colocación dun tótem publicitario nunha das entradas aos pavillóns expositivos, que todos os anos anteriores ofreceu un feed back extraordinario de visitas á web de Barbanza Arousa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.