Xoves 16, manterase o tempo seco e estable con ascenso das temperaturas máximas

15 Xaneiro 2025

O xoves Galicia continuará baixo a influencia dun sistema de altas presións situado ao leste, no interior do continente europeo, o que garantirá a persistencia dun tempo seco e estable. Os ceos permanecerán pouco nubrados ou despexados na maior parte da comunidade, aínda que poderán formarse néboas matinais no interior e aparecerán algunhas nubes baixas no norte da provincia de Lugo.

As temperaturas experimentarán poucas variacións, con lixeiros ascensos nos valores máximos. No entanto, as xeadas seguirán sendo protagonistas nas zonas do interior durante as primeiras horas do día.

O vento soprará de compoñente leste, en xeral frouxo, aínda que con intervalos de intensidade moderada a forte no litoral norte.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 2 a 3 á mañá e á tarde e 3 a 5 á noite. Mar ovellado á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2.5 a 3 metros á mañá, 1.5 a 2.5 metros á tarde e 1.5 a 2 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.