A obra “Menú-do día” impulsada pola Deputación con motivo do Día da Diversidade Sexual recala en Ribeira o 24 de xaneiro

14 Xaneiro 2025

Este xoves 16 de xaneiro comezan en Pontedeume as representacións da obra Menú-do día, unha actividade que forma parte da programación da campaña Liberdade de ser e sentir que cada ano promove cada ano a área de igualdade da Deputación da Coruña, liderada pola deputada outense Soledad Agra, con motivo do 28 de xuño, Día da Diversidade Sexual.

Despois de Pontedeume, onde a obra terá lugar ás 19:30h na Casa da Cultura, continuará en Cedeira o venres 17 ás 19:30h no Auditorio Municipal; o sábado 18 ás 19h en Arzúa, na Capela da Madanela e o venres 24 de xaneiro ás 20:30h no Novo Auditorio de Ribeira. Tralas representacións, haberá un faladoiro a cargo da Asociación Alas A Coruña, para afondar nalgunhas das cuestións que trata a obra, como a desinformación, o odio ou os prexuízos.

Menú-do día é unha obra de teatro performativa do #ColectivoCBV que xira entorno á pegada inesquecíbel que deixa a violencia nos nosos corpos. O proxecto xorde para sandar as feridas provocadas en Alberte Bello, performer, tras recibir unha malleira en 2021, ao berro de “maricón de merda”.

Alberte Bello percorre o corredor da vergoña, envolto en fraxilidade. Mentres os discursos de odio contra o colectivo LGTBIQ+ resoan na súa cabeza. En Menú-do día, o #ColectivoCBV  tece unha historia que confronta odio e disidencia, escuridade e luz, tristura e aceptación. A primeira creación deste colectivo de artistas transita entre as violencias continuadas que sofre o colectivo LGTBIQ+. Xuntos, tentan amosar unha nova realidade posíbel, dende a disidencia e o activismo, capaz de romper a norma e creando unha sociedade máis avanzada, máis inclusiva e máis real.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.