Profesionais do turismo e do benestar participaron nunha xornada de traballo en Outes: “Camiñando Xuntos”

14 Xaneiro 2025

Este luns 13 de xaneiro celebrouse no Centro Náutico do Freixo (Outes) a xornada Camiñando Xuntos, dirixida a persoas profesionais do turismo, da cultura do benestar e sectores afíns, interesadas no intercambio de ideas e explorar oportunidades de colaboración en proxectos futuros. Na inauguración das actividades, nas que participaron unha vintena de asistentes, participou o alcalde, Manolo González.

A xornada estivo organizada polo Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Coristanco, pertencente á Xunta de Galicia. A actividade celebrouse durante toda a mañá no Centro Náutico do Freixo.

Esta iniciativa xurdiu da necesidade de apoiar proxectos emerxentes acompañados polo Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Coristanco, que buscan explorar novas liñas de traballo e fomentar innovacións que respondan ás demandas dun turismo máis sostíbel e enriquecedor.

O evento estruturouse en sesións dinámicas, incluíndo presentacións breves dos participantes, encontros de speed dating profesional e un obradoiro de cocreación onde se traballaron propostas conxuntas. “Estas actividades están pensadas para facilitar conexións significativas, potenciar sinerxías e desenvolver proxectos que integren cultura local, prácticas de benestar e contacto coa natureza”, informou a organización.

Polo Coristanco

Trátase dunha iniciativa para o emprego e o emprendemento innovador cuxa área de actuación abrangue xeograficamente as comarcas de Bergantiños, Fisterra, Terra de Soneira, Barcala, Xallas, Muros e Noia (Barbanza-Muros-Noia). O Polo de emprendemento e apoio ao emprego Coristanco atópase no Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa, en Coristanco. A súa área de influencia cubre os seguintes concellos: A Laracha, Carballo, Ponteceso, Laxe, Malpica de Bergantiños, Cabana de Bergantiños, Coristanco; Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Cee; Camariñas, Vimianzo, Zas; A Baña, Negreira; Mazaricos, Santa Comba; Muros, Carnota; Lousame, Noia, Outes e Porto do Son.

Outros artigos

Rematan as obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso, visitaron hoxe a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño para comprobar o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de 1.179.750 euros, IVE incluído, para fornecer ao municipio...

+

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase este venres en Noia

Este venres, o lobo ibérico chega á Casa da Cultura de Noia. O 23 de outubro, ás 20:00 h, a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca. Trátase dunha película incluída na programación contratada pola...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.