A Xunta habilitará este ano hospitais de día oncohematolóxicos en Barbanza e en Cee

13 Xaneiro 2025

A Xunta anunciou este 13 de xaneiro que vai habilitar este ano hospitais de día oncohematolóxicos nos centros hospitalarios da rede sanitaria pública de Barbanza, en Ribeira, e de Cee. Para este fin o Goberno galego destinará un total de 1,4 millóns de euros ás obras das novas instalacións. O maior esforzo prevese no Hospital Público de Barbanza, onde é preciso construír un novo espazo para albergar a prestación deste servizo.

Segundo se recolle no informe da Consellería de Sanidade, a previsión é atender entre ata 640 doentes ao ano en tratamento no hospital de día de Barbanza, tendo en conta a taxa de incidencia do cancro e que a poboación deste distrito é de 64.000 habitantes.

Polo que atinxe ao distrito sanitario de Cee, a previsión é atender ata 365 doentes ao ano, cunha poboación de referencia de 36.000 persoas.

A creación destes hospitais, explica a Consellería de Sanidade, “optimiza os recursos sanitarios e aproxima servizos de calidade e complexos á contorna da cidadanía, mellorando a calidade de vida dos pacientes e os seus familiares”. Amais “posibilitará o acceso a tratamentos especializados para doenzas oncolóxicas e hematolóxicas como quimioterapia e transfusións, sen necesidade de desprazamento nin de hospitalización prolongada”.

Sanidade engade que esta iniciativa “mellorará a calidade de vida dos pacientes, ao ofrecer tratamentos ambulatorios, posto que os doentes poden recibir atención médica sen interromper significativamente a súa vida diaria, podendo volver a casa no mesmo día”.

A Xunta tamén salienta que “os hospitais de día posibilitan unha maior eficacia, cunha atención integral e continuada, permitindo un enfoque multidisciplinar do tratamento do cancro, onde os pacientes poden recibir atención de oncólogos, hematólogos, persoal de enfermería e outros profesionais nun só lugar, o que facilita un seguimento máis próximo e unha atención máis coordinada”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.