Os grupos da oposición de Ribeira solicitan informes para avaliar a posibilidade de dotar de aparcamento soterrado á parcela do novo Auditorio

10 Marzo 2020

Os grupos municipais do PSdeG-PSOE, BNG, PBBI e Suma Ribeira veñen de solicitar informes previos técnicos, económicos e xurídicos do arquitecto municipal, secretario xeral e interventor sobre a posibilidade de dotar de estacionamento soterrado de tres niveis ao proxecto do Auditorio municipal de Ribeira, comunicándoo así co do Centenario; ou ben, facendo unha ampliación do actual aparcamento do Centenario nas tres plantas existentes, unha vez sexa de titularidade municipal, sobre o solar do novo Auditorio. Engaden que os informes deben conter a inversión necesaria en casa caso, prazos de execución do proxecto e obra, así como posibles demoras co Auditorio.

Na exposición de motivos explican que, tendo en coñecemento o contido do expediente de construción do novo Auditorio, “desexamos matizar e valorar economicamente uns aspectos construtivos relacionados coa obra e solar.”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.