O Museo de Pontevedra celebra o Ano Castelao con visitas presenciais e virtuais e coleccións en liña

10 Xaneiro 2025
O presidente provincial Luis López

A Deputación de Pontevedra participa na celebración do Ano Castelao, no que se conmemora o 75 aniversario do falecemento do artista e intelectual rianxeiro, no Museo de Pontevedra (dependente da institución provincial) cunha ampla programación para celebrar a súa vida e legado. Trátase dunha programación que, como explicou o presidente provincial, Luis López, arrancou o pasado martes 7 de xaneiro, cunha visita guiada e unha sesión de cine e música, mais que continuará ao longo de todo o ano.

“Queremos, con estas actividades, e nun ano tan especial como este, manter vivo entre nós a Castelao, na cidade que tanto quería e nunha provincia coa que tiña tan fondo vínculo como a nosa, como era a súa vontade”, confirmou.

En concreto, as visitas guiadas ás salas que o Museo de Pontevedra lle dedica a Castelao e que se estrearon o pasado 7 de xaneiro con grande éxito, repetiranse todos os primeiros martes de cada mes, sendo a próxima o 4 de febreiro, e é necesario reservar prazas a través da web do Museo.

Ademais, López animou a todos e todas as pontevedresas a descubrir o legado e a vida “dun dos nosos máis ilustres intelectuais” a través da web do Museo, ben explorando as obras que forman a súa colección no Museo, realizando unha visita virtual polas salas do Museo ou descargando en PDF o libro Esenciais. Castelao no Museo de Pontevedra, unha introdución á súa figura e á obra presentes na institución provincial pontevedresa.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.