“España é a principal produtora de enerxìa solar do Mediterráneo e mantén o empeño na eólica mariña”. Antón Luaces

08 Xaneiro 2025

Semella que a grande preocupación que existe no sector pesqueiro do Cantábrico-Noroeste non afecta do mesmo xeito aos gobernos autonómicos e ao central, que manteñen o interese no eólico mariño aínda que existen datos dabondo que avalan o uso da enerxía solar por prezo e produción. Porque existen evidencias máis constatábeis deste feito se temos en conta, por exemplo, que a enerxía que utiliza España procede, principalmente, das renovábeis, cun importante incremento da enerxía solar.

Así se deduce da investigación realizada pola Facultade de Ciencias e Tecnoloxías Interdisciplinarias da Universidade de Teherán (Irán) ao través da Escola de Enxeñería Enerxética e Recursos Sostibles, cuxos científicos estudaron a xeración da enerxía solar dende 2010 a 2020 na rexión mediterránea coa fin de potenciar a enerxía, crear unha seguridade enerxética e predicir os valores da produción de enerxía solar en España, Exipto, Turquía, Francia e Grecia ata o ano 2050.

Para a realización desta investigación foi utilizado un modelo avanzado de Intelixencia Artificial denominado CNN, de rede neuronal convolucional que predí a xeración solar en países mediterráneos deseñado co obxectivo de procesar datos de imaxes en serie de datos estruturados, como mapas climáticos.

O CNN permitiu integrar datos climáticos en tempo real e mellorar a precisión tendo en conta factores coma os cambios na radiación solar e os fenómenos meteorolóxicos estremos. 

Tírase desta investigación que referimos que España é o país con maior xeración solar do Mediterráneo con 42.547.680 Wh. Este aumento pode atribuirse, segundo os investigadores, á abundante luz solar do país e ás sólidas políticas gobernamentais de apoio ás enerxías renovábeis. Moi por detrás está Francia, con 28.150.200 Wh, seguida de Turquía (20.528.640 Wh), Grecia (8.950.500 WH) e Exipto (5.044.950 Wh).

En todos os países analizados hai un aumento en infraestruturas, avances tecnolóxicos e políticas gobernamentais de apoio.

O crecemento da xeración solar no periodo 2010-2022 adxudícase ás condicións xeográficas favorábeis, os avances tecnolóxicos e a redución de custes, motivos polos que a análise cuantitativa revela unha importante baixa dos custes de instalación de sistemas solares e as iniciativas impulsadas polos gobernos na promoción da adopción de enerxías renovábeis .

A investigación, que vai ser publicada este ano, analiza os usos da enerxía solar na xeración de electricidade, a desalinización, a calefacción e a refrixeración en diversos sectores, e examina as tendencias de produción de enerxía solar en países do Mediterráneo como Exipto, Turquía, España, Francia e Grecia (2010-2020) comparando asimesmo a rexión mediterránea con rexións coma Oriente Medio e o suroeste de Estados Unidos.  

Poderá a próxima publicación desta investigación da Universidade iraniana reconducir as previsións para a costa galega que barallan as compañías eléctricas, o Goberno e a Xunta e que tan graves efectos poden ter para un sector tan básico no aspecto socioeconómico galego como é a pesca?.

O tempo encargarase de dicilo.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.