Agrupacións de voluntariado de Protección Civil formaranse en Ribeira sobre reciclaxe de incendios urbanos e industriais

09 Marzo 2020

Baixo a organización da Academia Galega de Seguridade Pública da Xunta (AGASP), o municipio de Ribeira albergará o 25 de abril un curso sobre reciclaxe de incendios urbanos e industriais dirixido a agrupacións de voluntariado de Protección Civil pertencentes a varios concellos.

Trátase dunha acción formativa descentralizada que promove a AGASP en territorios distintos á súa sede na Estrada.

Comprende dez horas de duración teórico-práctica e catro módulos, con contidos sobre primeiros auxilios enfocados a este tipo de situacións, prevención de riscos laborais, etcétera. Integrantes do corpo de bombeiros e do GAEM (Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal) formarán parte dos docentes do curso.

A intención é celebrar a parte teórica no viveiro de empresas de Ribeira e a práctica nas inmediacións do complexo da Fieiteira.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.