En Porto do Son localizado o corpo sen vida dunha muller na praia de Arnela

06 Xaneiro 2025

O corpo sen vida dunha muller foi localizado na tarde deste luns na praia de Arnela, no municipio de Porto do Son. O achado produciuse arredor das 14:00 horas, cando un particular deu aviso ao 112 Galicia tras atopar o cadáver sobre a area.

Ao recibir a alerta, o 112 activou un operativo no que participaron o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Os equipos de emerxencia desprazados ao lugar confirmaron a información inicial aportada polo alertador e procederon a realizar as actuacións necesarias para o levantamento do corpo.

Por agora, descoñécense as circunstancias do falecemento da muller, e a Garda Civil iniciou unha investigación para esclarecer os feitos.

Praia Arnela

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.