Finalmente e debido ás inclemencias meteorolóxicas, o Pavillón Municipal José Manuel Abuín “Chema” acollerá a recepción rianxeira dos Reis Magos de Oriente, a partir das 18.30 horas (con apertura de portas a partir das 17.30 horas). O programa de activades inclúe a propia recepción das Súas Maxestades, a recepción dos Reis, música, baile e máis o tradicional Belén Vivinte (con recreación e ambientación musical a cargo da Asociación Cultural Fogo Fatuo, con sede en Rianxo). Haberá un espazo reservado para nenos e nenas neurodiverxentes ou con mobilidade reducida. A recepción retransmitirase en directo a través da canle de YouTube do Concello de Rianxo. Participarán membros da Corporación municipal.




