“A camisa nova, as bandeiras ao vento e a faciana ao sol: os novos vellos”. Antón Luaces

04 Xaneiro 2025

Imos camiño do medio século da  morte na cama de Francisco Franco, quen fora xefe do Estado español como consecuencia da cruel guerra civil que arrasou boa parte do país, estragou vidas e familias e enloitou a case todas estas por un ou outro motivo.

O signjficado do aniversario non vai pasar desapercibido; entre outros motivos porque o Goberno que preside Pedro Sánchez decidiu  converter o ano 2025 recén comezado no da celebración de 50 anos sen Franco.

 Verdadeiramente sen Franco, pregunto, ou a carón del malia todo?. Porque, ainda que non  queiramos recoñecelo, o paso dos anos está a revitalizar a figura do ditador: Franco segue vivo na memoria de moitos españois e non sempre para mal. Cada vez son máis os menores de 50 anos que, con cánticos, uniformes falanxistas ou consignas preconstitucionais “resucitan” ao xeneral ferrolano que gobernou España con man de ferro durante 36 anos. Moitos dos que o aclaman, sen o ter visto nos telexornais nen, moito menos, no en boa hora desaparecido NO-DO e, a non digamos, en persoa.

A maior parte dos que acoden a concentracións -legais ou ilegais- portando bandeiras franquistas, só saben de Franco os rapaces e mozos que, no meu tempo, cantabamos “de orella” o himno de Riego e sen  saber que significaba, nen moito menos por que se prohibía. Ven ser que se repite a historia: nin uns nin outros sabiamos ou saben de que vai a historia, pero o caso é armar bulla.  Mais o certo é que a cada paso vai máis xente nova a ese tipo de concentracións/manifestacións, para min sen un coñecemento moi concreto de por que o fan. Berran, acenan, enarboran bandeiras non constitucionais e son quen de reprender aos que non  comparten nin miga con eles dicires e sentires. É como se a razón estivera do seu lado en calquera caso e de xeito exclusivo. Tan lonxe da redalidade estamos a distintas xeracións, tan diversa é para uns e outros a interpretación dos acontecementos producidos nos derradeiros 75 anos como para non termos a mesma jnterpretación deles?.

Outros países da nosa contorna tiveron as mesmas ou moi semellantes vivencias. E sen embargo a proximidade entre esas xeracións non diverxe tanto como a que experimentamos entre os habitantes do Estado español. 
Arrastraremos algún mal que fai que non poidamos ser un e ter sempre que esixir aos demáis unhas explicacións que non nos pedimos a nós mesmos?.

 Terá todo unha explicación?. 

…

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.