As mulleres silenciadas que loitaron pola súa terra e pola igualdade centran o libro Irmandiñas, que se presenta este venres en Rianxo

09 Marzo 2020
De esquerda a dereita, Juana Muñiz do Partido Galeguista de Asados; Ermitas López Verdes, do grupo feminino da Irmandade da Coruña, e Carmen Sende, tamén de Asados. Imaxes: Cedidas.

Seguindo coas conmemoracións feministas deste 8 de marzo que vimos de deixar atrás, Rianxo reivindica este venres 13 de marzo o labor de loita social, cultural e política despregado polas mulleres galegas na primeira metade do século XX, un labor silenciado pendente de recuperación e recoñecemento. Poñer en valor moitos dos seus nomes é o gran obxectivo do libro Irmandiñas (Laiovento), de Aurora Marco, que se presenta o venres ás 20.30 horas no salón de actos do Auditorio rianxeiro.

No acto, amais da autora, estará presente Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo), Encarna Pego (profesora e socia de Barbantia) e Xesús Santos (historiador local e socio de Barbantia). Tamén se contará coa actuación de Barahunda e Tero Rodríguez.

O libro Irmandiñas, da escritora e investigadora Aurora Marco (Noguera de Albarracín, Teruel, 1948) é como dixemos unha importante contribución para devolver á luz o legado de mulleres galegas sobranceiras, como por exemplo Ermitas López Verdes, compañeira de Lois Peña Novo, primeiro concelleiro nacionalista e membro significado das Irmandades da Fala e da que, até hai ben pouco, pouco se sabía dela.

Ermitas López, mestra e integrante da sección feminina das Irmandades dende o 1918, é unha das mulleres anónimas que figuran no libro publicado por Laiovento e que se presenta este venres en Rianxo, pero non é a única: hai moitas máis. O labor de investigación da autora (que lle levou catro anos de intenso traballo) levouna a coñecer as importantes contribucións vitais, culturais e sociais de grandes loitadoras como Concepción González Varela e Adela Martínez, ou as rianxeiras Juana Muñiz e Carmen Sende, as dúas de Asados. Ás devanditas cómpre sumar (entre outras moitas) os nomes de Amalia Álvarez Gallego, da Sociedade Polifónica de Pontevedra, viúva de Alexandre Bóveda; ou Elvira Bao, que estivo en Santiago, nos tempos históricos das Irmandades, dando un mitin a carón de Villar Ponte, en igualdade de condicións (e, malia todo, só o nome del acabou figurando nas informacións elaboradas polos medios da época, o dela nunca); ou Celia Bouzas e Mercedes do Campo, precursoras do galeguismo e do feminismo, avanzadas ao seu tempo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...