A Cabalgata dos Reis Magos de Outes celebrarase este vindeiro domingo 5 de xaneiro a partires das 18:00. As Súas Maxestades de Oriente recibirán á rapazada de Outes pola mañá e pola tarde, no Pavillón Municipal da Serra e en horario de 11:30 a 13:00 horas e de 16:00 a 17:45 horas. O roteiro da comitiva real arrincará ás 18.00 horas e percorrerá as rúas da Serra dende a rúa da Rosaleda (a carón da Pavillón) até a praza de Galicia. O roteiro concreto será publicado nos días previos na web municipal e nas redes sociais do Concello. Ao remate haberá chocolatada.




