“Panexírico a Francisco Domínguez” – Ignacio Lens

31 Decembro 2024

Seica que hoxe nos deixaches,

e coido que me costa falar. 

Por iso deixarei escrito na historia, 

o que me está custando levar.

Cando non te vexa onde sempre,

e cando non sinta o teu estar,

Pecharei moi forte os ollos,

ata que te vexa chegar.

O teu camiño foi exemplo, 

exemplo de sabedoría e querer.

Soubeches estar en cada intre

onde debías estar.

Serio, alegre, e boa persoa, 

recto, agradable, e moi ameno.

Amigo de todo o mundo,

bo pai, bo avó, e mellor compañeiro.

Hoxe Ribeira perde un veciño,

hoxe Vigo perde un traballador.

E hoxe todos temos un recordo que no corazón queremos gardar.

Recordo do que fixeches, do que estabas a facer e sobre todo que deixaches sen rematar.

Eu perdo un amigo, un cuñado 

e un mellor compañeiro.

Ben sei que o teu baleiro será grande, e teño dúbidas de como o poderei encher.

Hoxe voute chorar,

e gardar o teu recordo, ao carón de todos os bos recordos que che teño.

Ata sempre Quico, 

Quérote!

Quico Domínguez. (Foto: José Gorís / Libraría Cartabón)

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.