O primeiro día do 2025, San Manuel, estará marcado pola influencia anticiclónica en Galicia, aínda que as baixas presións que se aproximan polo Atlántico comezan a intensificar a circulación do suroeste. Agárdase unha xornada de tempo seco, con ceos pouco nubrados durante a mañá, pero cun progresivo aumento das nubes a partir da tarde.
As temperaturas manteranse sen cambios significativos respecto aos días anteriores, mentres que o vento soprará do suroeste, sendo moderado en terra e forte no litoral entre Fisterra e Estaca de Bares.
Esta situación anuncia unha evolución con cambios no tempo nos próximos días que traerán choivas.

O noso mar: Vento do sur á mañá e á tarde e do sur á noite, forza 3 a 5 á mañá, 4 a 5 á tarde e 4 a 6 á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 0.5 a 1 metros á mañá, 1 a 2 metros á tarde e 1.5 a 2 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



