Muros saúda a 2025 cunha gran celebración no Curro da Praza

31 Decembro 2024

O Concello de Muros, a través do seu departamento de Cultura, anunciou a celebración da Festa de Fin de Ano, que terá lugar na carpa que estará instalada no Curro da Praza.

A festa, que dará comezo a partir da 1 da mañá deste primeiro de xaneiro, contará coa animación da Disco Móbil Chocolate, asegurando (en palabras do Concello) “unha noite inesquecíbel de música, diversión e bo ambiente”.

A celebración está pensada para recibir o novo 2025 con “alegría e ilusión”, polo que Concello anima a toda a veciñanza a participar da cita.

A concelleira de Cultura, Caridad González, destacou que “esta festa de Fin de Ano é unha oportunidade para que toda a veciñanza nos reunamos e recibamos o ano 2025 nun ambiente festivo e de alegría”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.