“Núñez Feijoo dálle as voltas a Junts mentres Díaz Ayuso prepara o salto á presidencia do PP” – Antón Luaces

30 Decembro 2024

Non se trata de atizar o lume -de por si abundante nas ringleiras autonómicas madrileñas- pero un tira a conclusión de que as augas do Manzanares baixan bastante máis revoltas do que sería normal, pola pretensión de se meter no seo da política conservadora española. A proba está, na miña opinión, en que mentres tanto Alberto Núñez Feijoo, presidente nacional do PP fai por querer movementos de aproximación a Junts, Isabel Díaz Ayuso, presidenta da Comunidade de Madrid, se reafirma cada día máis no seu afastamento do nacionalismo que cualifica de separatista para se centrar nun “nacionalismo” españolista que, tentando agrupar en torno á indivisibilidade de España, cada  vez máis abre comportas ao rexeitamento a ese “madrileñismo” excluínte que semella ser único e imperante e que tan pouco cadra, mesmo en comunidades autónomas asimesmo gobernadas polo PP dun Feijoo que xa non fai ascos a Puigdemont para gobernar, de ser necesario, co apoio de Junts. 

Díaz Ayuso xa o dixo coa boca pequena: a posibe aceptación por Feijoo de determinadas condicións que Junts poidera por para votar favorablemente unha hipotética moción de censura ao presidente socialista Pedro Sánchez, non lle corresponde a ela, o que da a entender que ela non apoiaría o que a presidencia do seu partido acordara en función das

necesidades deste para que Feijoo acadase a presidencia do Goberno. 

Xustificaría daquela a presidenta madrileña esta manobra do seu presidente nacional; como a “vendería”, coñecedora de que o seu electorado tampouco concorda con ese tipo de solución?.

Estará abrindo Isabel Díaz Ayuso un novo portelo á desbandada do seu presidente nacional, repetindo así o sucedido con Casado?.

De se producir esta situación -que non é máis ca unha simple especulación- que podería facer o galego Feijoo, perdidos os feudos de Galicia e España?. Retornaría a Galicia con Ayuso en Madrid coma presidenta nacional do PP?.

Non o vexo.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.