
Sobre as 14.00 horas os bombeiros do Consorcio Provincial do parque de Boiro acudiron ao Concello de Porto do Son tras un aviso dun incendio nun
rexistro de augas residuais, no lugar de Queiruga, preto da igrexac parroquial.
Ao lugar dos feitos acudiu, ademais do SPEIS de Boiro, o GES de Noia ec voluntariado de Protección Civil de Porto do Son. O lume no interior do
rexistro, que semella intencionado, provocou que cedese a tubaxe da rede de augas residuais. Unha vez sufocado o incendio os bombeiros regresaron
á base.



