Aprazada a tirada dos fogos de artificio das Festas de Verán boirenses

07 Xullo 2019

20190707. Esta noite non se poderá desfrutar do espectáculo pirotécnico tal e como estaba previsto na programación das festas de Boiro. Por causas alleas á organización encargada das festas de verán, o Concello vese na obriga de pospoñer a sesión e o equipo de Goberno atópase traballando coa intención de conseguir que este acto se desenvolva antes de que rematen as celebracións, ou, a máis tardar, na fin de semana.

A causa do aprazamento está relacionada coa tramitación das correspondentes autorizacións en tempo e forma, o cal imposibilita que se poida levar a cabo o espectáculo de luz e son na xornada dominical dos festexos. O executivo foi informado na madrugada de hoxe, sen marxe de manobra para tratar de arranxar o problema, trala intervención da sección de control de armas e explosivos da Garda Civil e o precintado de todos os elementos pirotécnicos.

Así mesmo, desde o Concello piden desculpas polas molestias que esta suspensión poida ocasionar e, rematadas as celebracións, farán unha análise dos erros e acertos, da cal informarán publicamente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.