Foi o único ferido no accidente. O suceso tivo lugar pouco despois de cumprirse as 7:00 horas desta mañá. Segundo a información recollida no 112 Galicia, un vehículo envorcou no quilómetro 20 da AG-11, en sentido Boiro, cunha persoa atrapada no seu interior.
Decontado, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros de Boiro para poder liberar e atender á vítima. Tamén se informou á Garda Civil de Tráfico e ao Servizo Municipal e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Boiro.
A dotación de bombeiros que se desprazou ata a zona tivo que facer uso do material de excarceración para sacar ao ferido do coche e, posteriormente, que fose atendido na ambulancia das urxencias sanitarias.



