Descoidouse e chegou tarde. Era unha tarde de lecer e de risa, de tira para adiante e cala,
que se falas sábese todo, todo. Unha tarde de tira e solta, de mira e non me toques, de
espanta paxaros, de sube e baixa, de frío invernal, dese que entumece o espírito e conxela
as ideas. Cando ela chegou tarde ao parzamique, a sala estaba repleta de xente calada,
mentres unha persoa de alta consideración para a veciñanza falaba e un grupo de
pandereteiras agardaba para tocar aquela de “pola faldra da camisa / aló subía un piollo …”.
A soidade era infinda e mancaba. Mancáballes á maioría daquelas persoas soas, tristes e cos
ollos enterrados no fondo da fermosura das súas caras. A mirada daquelas persoas parecía
ausente, desenfocada ou, incluso, desolada. Era como a mirada de persoas abatidas pola
soidade que as agardaba, para acompañalas sempre.
Hai autores que din que a soidade é unha experiencia recreada na literatura universal, unha
escusa para reflectir a condición humana e as súas emocións. Nós queremos que todos os
lectores deste xornal sintan que teñen ao seu lado con quen falar e a quen escoitar. Poida
que sexa acertada a proposta de Haruki Murakami, premio Princesa de Asturias das Letras,
cando fala de alixeirar o drama con golpes de humor, de risa e de arelas de proseguir, de
continuar ata que xa non se poida máis.
A invernía e a soidade abrázanse, xúntanse e quérense como irmás. E, a sociedade
informatizada, enganchada ao micrófono, con gobernanza telemática e coa administración
dos servizos públicos rexida dende a distancia, ten poucos alicientes para acariñarse entre
si, para bailar na romaría telemática ou para festexar o aniversario do nacemento da súa
cadela, Marilola.
A soidade agrándase cando non hai can nin cadela, cando non hai gato nin gata, nin outra
mascota cariñosa que esixa atención e comprensión. Cos maiores da casa non se pode falar.
Non entenden nada do que ocorre, non saben que para ter harmonía na convivencia é
conveniente ter dúas ou tres mascotas en cada piso, do edificio, sexan moitos ou poucos.
A poboación concéntrase nas cidades e a soidade urbana hai que tratala como un problema
de saúde pública. Aquel persoa que vive soa na única casa da aldea solitaria ten
acompañamento da natureza. Están con ela os cans e os zorros, os esquíos e as anduriñas
cando volven., o ruxir do tempo e o resoar das campás e aturular da mocidade que ven da
romaría. Coidado! Como di a Tía Manuela a soidade “é un sentimento, unha dor que afecta
ao corpo e á alma”.
“José María Fonseca Moretón, el vino como bandera y Galicia en el corazón”. Javier García Sánchez
Los caldos gallegos alcanzaron en él la máximadimensión mundial llegando a mercadosinsospechados. Solo a un genio como él se le pudo ocurrirconvocar un concurso de cartelismo para dar aconocer el caldo que contienen las botellas deTerras Gauda. De este modo evocaba a...



