“Festas cheas de lembranzas inesquecibles: vai por eles.” Antón Luaces

26 Decembro 2024

Hai unha lotaría que sempre toca nos últimos días de decembro. Estes chegan sempre disfrazados de ensoñacións: un pai que non está e que nos da a impresión de que senta á mesa cos demáis; uns pais que reviven o pasamento do fillo que non vai volver; os irmáns que marcharon para sempre a idade temperá; a esposa, ás bágoas de avoa porque xa non está na casa aquel fillo que se encargaba sempre de atizar o lume na lareira con leñeira para o toxo e as cachelas de pino seco que quecían o  café sempre a punto… 

Ensoñacións penduradas no salgueiro dos anos para os que están e os que quixeran estar, permanecer, seguir a contar as badaladas do reloxo da vida instalado na sala porque sempre hai alguén que se vai cando non se espera..

Por todos eses que se foron os nosos devanceiros mantiñan o lume aceso (por se cadraba que pasaran de preto e entraran a tomar un cafeíño quente) e unha cadeira disposta na mesa para que un dos ausentes fixera un alto no camiño para saborear unha taza de caldo de verzas, unto e fabóns. Ao fondo, un alzadeiro de madeira pintada de azul onde o avó gardaba unha navalla de Taramundi. 

Todo eran ausencias naquela cociña de piso de terra pisada na que as galiñas que se coaban pola porta da eira atopaban migas de pan ou grans de millo ou de trigo perdidos no constante ir e vir das mulleres da familia. Ausencias que se multiplicaban en ocasións máis propias da celebracións ca do pranto por aquel/aquela que non chega. A lotaría que non falla, non. Como non fallaba na pedra de amolar o fouciño.

Setenta anos dempois, da casa só quedan cascallos após ter cumpridos máis de tres séculos en pé, con tellado a seis augas e unha corte ampla na que se contaron historias da Lucera, a Parda, a Xovenca, nomes que se repetían para non esquecer cáles eran boas para o rego e cáles para o carro.

 Na cheminea, un fío de fume, sinal de que -unha e outra vez- algunha pota está ao lume.

 En Galicia, onde hai fume case que sempre hai algo que xantar. É a nosa lotarìa, esa que tan poucas veces se canta en Nadal ou Reis.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.