Corenta nenos e nenas desfrutaron da sexta edición do Pequetrail de Lousame, a segunda máis concorrida da súa historia

26 Decembro 2024

Un total de corenta nenos e nenas, de entre 5 e 16 anos, tomaron parte na quinta edición do Pequetrail de Lousame, disputado na tarde do pasado sábado. As baixas temperaturas non minguaron a participación nunha edición que se converte na segunda máis concorrida da curta historia desta proba, só superada polos 57 participantes do ano 2022.

O Pequetrail desenvolveuse na contorna do Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra sobre unhas distancias e cun percorrido adaptado ás idades dos nenos e nenas participantes. Os primeiros en saír foron os máis pequenos, os Sub-8 que percorreron algo máis de 500 metros, algúns deles acompañados polos seus pais ou nais. Despois saíron os sub-10, en cuxa saída houbo moitas bromas sobre as identificación das cores que delimitaban o circuíto debido a que o ano pasado unha parella se despistou e, no cano de facer os 1.000 metros que lles tocaban, remataron correndo máis de 3 quilómetros. Desta vez non houbo confusión e chegaron á meta cos seus compañeiros.

Finalmente, tocoulles a quenda aos cadetes e xuvenís, que percorreron uns 7 km. Aínda que ningunha das probas era competitiva e todos os participantes recibiron a mesma medalla de agasallo, a rapidez coa que a parella de xuvenís realizou a proba fixo que dende a organización os convidaran a participar de forma gratuíta no trail curto deste domingo, previa consulta cos seus adestradores. Unha proba que pecha hoxe inscricións e que supera xa os 400 inscritos.

Entrega de medallas

A concelleira de Deportes, Mariel Agrafojo, e a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, foron as encargadas de entregar as medallas a todos os participantes, así como unhas lambonadas e un pequeno avituallamento con auga e froita para repoñer forzas. A proba foi organizada polo Concello de Lousame e contou coa colaboración de GADIS, a rede de Voluntariado lousamiá, o Club de Atletismo Lousame, a Cruz Vermella de Noia e Protección Civil de Lousame.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.